Programa de actos da XVIII Edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

Programa de actos da XVIII Edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

Programa de actos da XVIII Edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

O mércores, día 5 de outubro, no Auditorio do Museo Valle-Inclán, tivo lugar o acto de presentación aos medios do programa de actos da XVIII Edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

A súa axenda desenvolverase durante o mes de outubro, en especial en venres e sábados, grazas principalmente ao patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura – Xunta de Galicia e en menor medida á Deputación da Coruña. Contando coa colaboración de entidades

Esta iniciativa de dinamización cultural e de interese socio comunitario articúlase na celebración da efeméride do 150º Aniversario do universal escritor entre as vilas valleinclanianas do país. Trátase dunha iniciativa de ámbito galego na que estarán presentes actividades como: teatro, lecturas dramatizadas, monicreques, recitais, concertos, publicacións, ponencias, etc., destinadas a públicos de todas as idades.

Interviñeron: Xosé Lois Piñeiro García, alcalde da Pobra do Caramiñal, Genoveva Hermo Santos, concelleira das áreas de cultura e educación, e Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán.

0001 0002cartel-quico-cadaval publicacions-jpeg siro-jpegsin-titulo-2