BIBLIOTECA MUNICIPAL

A Biblioteca Pública Municipal “Victoriano García Martí” presta os seus servizos na Pobra do Caramiñal desde 1989, sendo o seu principal obxectivo favorecer o hábito da lectura, así como dar resposta as necesidades de formación, información, ocio e cultura de tódolos veciños.

Actualmente contamos cunha colección de máis de 26000 libros, estamos subscritos a 12 revistas e recibimos 4 periódicos. Tamén contamos cunha importante colección de DVD’s e CD’s. Ademais é de destacar a importante colección de cómics, con máis de 900 títulos.

Entre os servizos que se poden encontrar están:

  • Consulta e lectura en sala.
  • Préstamo a domicilio (bibliográfico, sonoro e audiovisual).
  • Préstamo de libro electrónico.
  • Préstamo interbibliotecario.
  • Sección infantil e xuvenil.
  • Información bibliográfica.
  • Servizo de atención a domicilio para os enfermos residentes na localidade.
  • Servizo WIFI.
  • Ordenadores con conexión a internet.

A colección é de libre acceso e os servizos da biblioteca son gratuítos.

No caso de que botes en falta algún título, admitimos suxestións para novas adquisicións.

Cada trimestre publicamos un boletín con novos títulos comprados.

Podes seguirnos en Facebook: http://bit.ly/2e4uDnm
Desde o ano 2008 estamos incluídos no Catálogo Colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Podes consultar a páxina da biblioteca e o seu catálogo nesta dirección:
http://bit.ly/2cVvdPh
Ademais, tódolos socios da biblioteca poden utilizar a plataforma Galicia-León, onde hai acceso ao préstamo de libros dixitais, tanto en galego como en castelán, e que se poden baixar directamente ao teu e-book, tablet ou ordenador. Aquí está o enlace:
http://bit.ly/2dvVjvl

O horario é:
Mañá: de 10 a 13.30 h.

Tarde: de 16.00 a 20.00 horas.

DE LUNS A SÁBADO

Teléfono: 981 831633
Dirección: r/Castelao, 25, 2º. A Pobra do Caramiñal