BRADOMIN TEATRO

BRADOMIN TEATRO

BRADOMIN TEATRO

0 comments

A compañía Bradomín Teatro, de A Pobra, representará este venres, 11 de novembro, ás 20:30 horas, no Teatro-Cine Elma a súa obra “As pretendentas do rei Centolo”, unha farsa sexual escrita e dirixida por Gustavo G. Dieste. Unha divertida obra que contará coas actuacións de Manolo Blanco, Manuel Paisal, Mariló Ríos, Balbi Hermo, Milagros Vázquez, Balbi Diéguez e Aurora Sobrido.

Antes de dar comezo a actuación de Bradomin, ás 19.00 h., levarase a cabo a presentación da Revista Galega de Teatro do outono 2016 e a continuación lectura dramatizada de “Diante do espello” a cargo de Fran Godón e Noelia Iglesias e de “A obediencia da muller do pastor” (faranas tres compoñentes do obradoiro de teatro adolescente), de Sergio Martínez Vila. Foi Premio Born (o máis importante do Estado) o ano pasado e son as dúas últimas obras editadas pola Revista Galega de Teatro.

teatro-bradomina

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.