CAMILO O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA

CAMILO O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA

CAMILO O ÚLTIMO GUERRILLEIRO DE GALICIA

0 comments

Venres 31 de marzo ás 20.30 h. no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Camilo o último guerrilleiro de Galicia nace do sentido do deber para coa memoria democrática, sabendo que o futuro da mesma depende moito do que se faga nestes anos. Neste marco, vemos en Camilo de Dios non só ao último guerrilleiro vivo de Galicia, senón a unha traxectoria histórica continuada que vai dende a formación do movemento obreiro e campesiño na Limia até os nosos días: a persecución, a supervivencia, o afastamento familiar e mesmo a morte forman parte dunha vida movida polos soños dun mundo mellor. Camilo é un loitador da memoria que, 65 anos despois da morte do seu irmán, conseguiu exhumalo do lugar onde foi abatido pola Guardia Civil e levalo ao seu lugar de orixe. Trátase, polo tanto, dun documental encamiñado a ser un relato lineal composto de pequenas historias nas que exista a posibilidade de afondar.

Camilo de Dios naceu en Sandiás en 1932 e é, a día de hoxe, o derradeiro guerrilleiro vivo de Galicia. A súa nai actuaba de enlace na resistencia antifranquista despois da sublevación de 1936, actividade que comezaría Camilo aos 13 anos. En 1948 fuxiría ao monte, uníndose á loita contra o réxime na II Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia.

Ferido e capturado no 1949, Camilo foi condenado a morte nun consello de guerra celebrado na Coruña, pero ao ser menor de idade e por mor das presións internacionais, as autoridades remataron por conmutar a súa pena por 30 anos de cadea. A partires de aí, a vida de Camilo converteuse nun paso polos cárceres do Estado español, sendo no Dueso onde pasou a maior parte da condena ata ser liberado en 1959. Nos anos sesenta participaría na organización das Comisións Campesiñas na Limia e na reorganización do Partido Comunista de Galicia (PCG) en Ourense, ata que foi detido de novo en 1971, acusado de propaganda ilegal.

Actualmente, Camilo non renunciou a todo aquilo polo que deu a súa vida e, despois de máis de 60 anos do asasinato do seu irmán, Perfecto de Dios, o guerrilleiro conseguiu vencer outra batalla máis e puido exhumar os seus restos en Chaherrero (Crespos, Ávila) e trasladalos a Sandiás.

Loitador da memoria e historia viva, Camilo  é a única testemuña que pode dar voz a tantas e tantos que, coma él, arriscárono todo pola xustiza e a liberdade.

 

CAMILO 1

 

 

 

Related cultura Articles

Similar Posts From cultura Category

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.