CIA PAPORRUBIO “A DANZA DOS PAXAROS”

CIA PAPORRUBIO “A DANZA DOS PAXAROS”

CIA PAPORRUBIO “A DANZA DOS PAXAROS”

Martes 8 de agosto ás 20.30 h. no Cantón da Leña

A danza dos Paxaros é un espectáculo de animación de rúa formado por seis actores e actrices e un actor principal, Luchi Iglesias, o ornitólogo que dirixe a esta particular bandada no seu danzar. Acompañados da música, das súas vistosas vestimentas e sobre todo de moito humor e moito ritmo, os paxaros percorrerán as rúas, a praza ou o espazo que se lles dispoña facendo bailar a todos e todas as presentes.

Estes cabezudos constitúen un espectáculo sorprendente, áxil e de grande éxito entre o público polo seu carácter participativo e a súa interrelación co mesmo. É un espectáculo con moita máxia onde se pretende que todo o mundo baile ao son da música dos paxaros, onde todas xuntas desplegaremos as ás da ilusión e da liberdade no día da festa.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Paporrubio