CINE GALEGO NA RÚA “A PRAIA DOS AFOGADOS”

CINE GALEGO NA RÚA “A PRAIA DOS AFOGADOS”

CINE GALEGO NA RÚA “A PRAIA DOS AFOGADOS”

0 comments

Venres 16 de xuño ás 22.30 h. no Cantón da Leña proxección de:

“A PRAIA DOS AFOGADOS”.

“A Praia dos afogados” film galego de drama e suspense dirixido por Gerardo Herrero, e baseado no libro do mesmo nome de Domingo Villar. Rodada no Porto de Paxón, Nigrán, está interpretada por Carmelo Goméz que comparte reparto con numerosos actores galegos.

Argumento: Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata a costa. Se non tivese as mans atadas ás costas, Xusto Castelo sería outro dos fillos do mar que atopou a morte entre as augas mentres faenaba. Sen testemuñas nin pistas da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergullarase no ambiente mariñeiro da vila, tratando de poñer en claro o crime.

En caso de choiva a proxección levarase a cabo no Teatro Elma.

Con esta proxección remata o ciclo de cine galego na rúa programada pola Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en  colaboración co Programa Visións da Deputación da Coruña.

A PRAIA

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.