COWORKING CULTURAL

COWORKING CULTURAL

COWORKING CULTURAL

O próximo día 5 de maio dará comezo na Esclavitude (Concello de Padrón), O COWORKING CULTURAL, concibido para aqueles emprendedores/as e profesionais que buscan unha formación especializada na xestión de industrias culturais e creativas.
O Espazo coworking é froito da colaboración entre EOI e a Fundación Paideia Galiza, que conta coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e a Fundación Paideia Galiza.

O prazo de inscrición está aberto ata o 21 de abril de 2016. Podes solicitar a túa praza e consultar o programa na seguinte dirección: www.eoi.es/es/espacios-coworking/padron/admision