EDUCACIÓN E CULTURA

CULTURA

Este Departamento ocúpase das diferentes actividades culturais e de ocio que se celebran durante todo o ano no noso concello, cunha programación ampla e variada que vai desde: O Nadal, Entroido, Maio Cultural, Verán Cultural, Festear… e na que teñen cabida diversas disciplinas como a música, o teatro, a animación de rúa, o cine, o baile, os xogos populares…

Un dos obxectivos da Concellería de Cultura da Pobra do Caramiñal é a de tentar dinamizar a actividade creativa e cultural da vila, así como ofrecer á xente do pobo a posibilidade de participar das xornadas lúdicas que se organizan tanto como receptores como partícipes activos delas.

A Concellería organiza tamén os cursos en materia formativa que se ofrecen para todos os públicos, da programación da Sala de Exposicións así como de xestionar o uso e préstamo das outras instalacións culturais (Auditorios, Teatro-Cine, locais de ensaio…).

Localización: Casa da Cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler.

Rúa Gasset, nº55-57

Nestas instalacións atópanse: Departamento de Cultura, Departamento de deportes, Oficina do Consumidor (OMIC), Sala de Exposicións, Escola de Música e Aulas de Formación.

Horario: Inverno: de luns a venres de 9:00 a 15:00 h. E de 17:30 a 21:00 h.

Verán: de luns a venres de 9:00 a 14:00 h. E de 19:00 a 21:00 h.

Teléfono: 981831545

Correo: cultura@apobra.gal


Obradoiros de Cultura na Pobra

Desde a  Concellaría de Cultura da Pobra estamos ofertando para o curso 2016-2017 as seguintes actividades para nenos e nenas, a partir dos 3 e 4 anos, nos que poden escoller entre un obradoiro de Artes Plástica, ou  obradoiro de Pandeireta. Tamén se ofrecen clases de Bailes con salsa, ritmos latinos, baile moderno, zouk, kizomba … e Teatro Infantil e Xuvenil,  e por último Fun English  un obradoiro para aprender inglés de forma divertida.Para os adultos as actividades que se ofertan van desde as clases de Speaking English, Pintura, Pandeireta e clases  de Bailes con salsa, ritmos latinos, baile moderno.Os interesados en asistir a estas actividades poden facer a súa inscrición no Departamento de Cultura na Casa da Cultura “Raquel Fdez Soler”.

 0001-10001