EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS RICARDO DÁVILA “CÍRCULO INFERNAL”

EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS  RICARDO DÁVILA “CÍRCULO INFERNAL”

EXPOSICIÓN DE ESCULTURAS RICARDO DÁVILA “CÍRCULO INFERNAL”

DO 7 AO 31 DE XULLO 2017

Inauguración: Venres 7 ÁS 20.30 h. na Casa da Cultura

Nova exposición de Ricardo Dávila de temática reivindicativa e comprometida. Por un lado, as mulleres na tesitura do acoso, do círculo vicioso no que viven, incapaces de saír e de ser axudadas, desgrazadamente acotío de máis na nosa actualidade. Por outro, as cidades deshumanizantes,  que rachan as individualidades  para converternos en colmeas sen nome,  sen identidade.

A muller fronte ao seu destino e as colectividades de  cidadáns “presos” nos edificios compoñen unha singular forma de darlle ao conceptualismo un novo pulo de actualidade e, ao mesmo tempo, de temática eternamente humana, humanísima.   Xa berraban as mulleres nas traxedias de Eurípides pola súa triste sorte, xa tiña saudade o poeta Marcial da súa horta hispana atrapado na populosa e alienante Roma.

 Nihil novum sub sole? Si hai moito de novo baixo este sol. A arte e o concepto ao servizo non de  mulleres mitolóxicas, senón de mulleres, desgrazadamente, con rostro e nome; de cidadáns recoñecibles nas facianas dos que habitan as colmeas-edificios.

Unha vez máis o noso veterano Ricardo Dávila, na procura da constante renovación, esculpe 18 testemuñas que comunican un estado de ánimo e que nos elevan á ARTE con maiúsculas.  (Isabel Santos).

cartel Ricardo