FESTA DA BICI

FESTA DA BICI

FESTA DA BICI

0 comments

O vindeiro domingo, 9 de xullo, vaise realizar na Pobra do Caramiñal, a XXVIII FESTA DA BICI, organizada por a Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal

Será de carácter solidario onde cada participante terá que achegar un quilo de alimentos non perecedoiros no momento de realizar a súa inscrición

Estes alimentos serán recollidos polas asociacións de Cáritas do municipio e irán destinados as familias mais necesitadas.

Como en todas edicións desta Festa están convidados/as a participar todos e todas veciños e veciñas da Pobra e foráneos, sempre que traian a súa bicicleta e casco.

 A partires das 10.15h. da mañá, na Praza Alcalde Segundo Durán, o persoal encargado da organización desta actividade encargarase de realizar a inscrición dos/das participantes.

 O paseo, comezará aproximadamente ás 11.00 horas, con saída e chegada á Praza Alcalde Segundo Durán.

Faranse dous circuítos:

PERCORRIDO ATA 8 ANOS: para os mais cativos no que participaran os nenos/as ata 8 anos e os que necesiten acompañante exclusivamente, cunha distancia  de 2 km totalmente chan e polo casco urbano, tamén poderán participar os nenos mais maiores que teñan dificultades para realizar un percorrido mais largo,  sairá as 11h.

PERCORRIDO GRANDE: unha vez entrada na praza os participantes no percorrido pequeño tomarase a saída deste percorrido mais amplo, destinado a maiores de 8 anos en diante, cunha distancia aproximada de 11´00 km, polo que só poden tomar a saída os participantes que poidan cubrir esta distancia a ritmo suave e moderado, quedando excluidos os cativos mais pequenos que xa teñen o outro percorrido.

A chegada  de volta a Praza Alcalde Segundo Durán farase un sorteo de regalos cedidos por diferentes entidades comerciais da Pobra: GADIS, SUPERMERCADOS EROSKI , CENTRO SPORT/MANIOTAS  E SPORT BIKE.

Organiza esta actividade a Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal e colabora, o Club de MTB A PORTELA ,  O MOTOCLUB SIN FRENOS e tamén as entidades antes citadas.

Máis información e contacto: Concellaría de Deportes da Pobra do Caramiñal.

XXVIII FESTA DA BICI1

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.