HOMENAXE A DON RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

HOMENAXE A DON RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

HOMENAXE A DON RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

0 comments

Sábado 29 de outubro, ás 12 h., no Cantón da Leña, celebraremos a tradicional homenaxe a don Ramón María del Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal. Un escritor protagonista da literatura mundial que, por razóns familiares, biográficas e afectos, é Ilustre Fillo Adoptivo da localidade.

Entendido como continuación dos actos que se sucederán no país o día 28, en Vilanova de Arousa, berce do autor, e Santiago de Compostela, onde está sepultado, a este acto acudirán diversas representacións de Galicia que depositarán a súa ofrenda floral diante do monumento a Valle-Inclán.

Intervirán a aula de gaita e percusión, e as pandereteiras da A.C. A Gandaina, xunto co grupo de baile e de pandeiretas Caramiñas, da Asociación de AA. de Casa da Pobra do Caramiñal.

homenaxe-sab-30-10-pptx

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.