IGUALDADE

IGUALDADE

IGUALDADE

A Concellería de Igualdade ten como obxectivo principal contribuir a reducir as desigualdades existentes entre mulleres e homes,  impulsando políticas transversais e de acción positiva, que contribúan a crear condicións e estructuras sociais que permitan que a igualdade entre mulleres e homes sexa real e efectiva.

A  igualdade de oportunidades é fundamental para o desenvolvemento da nosa sociedade, debe ser un compromiso asumido e interiorizado no ámbito municipal, de aí o II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES 2015-2018 do concello da Pobra do Caramiñal, que se aprobou establecendo as seguintes áreas de intervención:

  • ÁREA 1.-EDUCACIÓN E FORMACIÓN EN IGUALDADE
  • ÁREA 2.-CONCILICACIÓN E CORRESPONSABILIDADE
  • ÁREA 3.-PREVENCIÓN E TRATAMENTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO
  • ÁREA 4.-INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN ACTIVA
  • ÁREA 5.- SAÚDE E BENESTAR SOCIAL

Póñense a disposición da sociedade, servizos e programas destinados a favorecer a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, á erradicación da violencia de xénero e á conciliación da vida familiar e laboral.

Na Pobra do Caramiñal contamos cun recurso de atención ás mulleres dende o ano 2000, que se denomina “Servizo de información e asesoramento xurídico á muller” cuxa responsable é María José Pérez Piñeiro (Avogada).

SERVIZO DE INFORMACIÓN E ASESORAMENTO XURÍDICO Á MULLER

O servizo de información e asesoramento xurídico á muller é un servizo público e gratuíto, con atención persoalizada e confidencial, que o concello de A Pobra do Caramiñal, pon a disposición das mulleres. Entre as funcións máis importantes destácanse:

  • Informar sobre os dereitos das mulleres nos seguintes temas xurídicos: procesos de separación e divorcio, pensións de alimentos, incumprimento de pensións de alimentos, custodia dos fillos/as, temas laborais, estranxería ou violencia de xénero.
  • Asesorar sobre calquera trámite legal, procedementos penais ou administrativos, e informar sobre a posibilidade de solicitar o servizo de xusticia gratuita.
  • Informar sobre os recursos existentes: axudas, prestacións, etc.
  • Derivar as mulleres que o precisen ó servizo de atención psicolóxica que proporciona o Colexio de Psicólogos de Galicia para as mulleres que sofren violencia de xénero.

 

Localización: c/Castelao, núm. 1 (Edificio CAD)

Horario: Luns, martes, xoves e venres de 09.30 h a13.30 h

Mércores: 16.00 h a 20.00 h

Teléfono:  981 83 27 64 -Ext 2206

Correo electrónico:  igualdade@apobra.gal

II PLAN DE IGUALDADE:

Imagen II Plan de Igualdade BotónImagen icono Racha coa violencia de xénero2