Inauguración da exposición de pinturas de Amalia Costa Bouzas

Inauguración da exposición de pinturas de Amalia Costa Bouzas

Inauguración da exposición de pinturas de Amalia Costa Bouzas

0 comments

O venres 7 de outubro ás 20.00 h. na casa da Cultura da Pobra do Caramiñal inauguración da exposición de pinturas de Amalia Costa Bouzas.

Na inauguración da exposición actuará O grupo Percuta Percussión Grup (Marcos Carou, Brais Betanzos, Manuel Sobral e Brais Paisal) que interpretaran os seguintes temas: Generalife de Enmanuel e Séjourne e Tico Tico de Arr. Will Rapp.

A exposición poderá visitarse ata o 31 de outubro, de luns a venres de 10.30 a 13.30 e de 17.00 a 20.30 h.

Amalia Costa, pintora autodidacta, atopa a súa inspiración no mar, omnipresente no seu pobo natal de Muros. Gústalle plasmar fondos mariños, evitando a figuración e o hiperrealismo, e centrando a atención na cor e as formas.

Tamén lle gustan as pozas que deixan ao descuberto a baixamar, fonte de vida mariña; e as láminas de auga da dársena, con infinitos reflexos do sol, as embarcacións, as boias, os reflectores na noite…

Atópase moi cómoda no acrílico sobre madeira e no formato grande, aínda que o intercala con pintura de aceite e tintas sobre lenzos.

cartel-amalia

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.