NABIZA GIRL. ISABEL RISCO

NABIZA GIRL. ISABEL RISCO

NABIZA GIRL. ISABEL RISCO

Domingo 3 de decembro ás 19.00 h. no Teatro Elma

A actriz  Isabel Risco presenta o seu espectáculo “Nabiza Girl”.

A protagonista  é Chelo García Naveira,  unha persoaxe inventada  pola intérprete, que co paso do tempo, configurou un dos seus alter ego artístico.

O humor, a idiosincrasia galega e as historias absurdas mézclanse na pel de Nabiza Girl, unha superheroína do rural galego con denominación de orixe protexida e cuns poderes que proceden do sulfato.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.

A entrada é de balde ata completar aforo.