MONOLOGANDO NO ELMA

MONOLOGANDO NO ELMA

MONOLOGANDO NO ELMA

A Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal  organiza para o mes de decembro o ciclo de “Monologando no Elma”, que inclue un total de 3 monólogos,  2 deles en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

A primeira representación  é o 3 de decembro coa actriz  Isabel Risco e o seu espectáculo “Nabiza Girl”.

O domingo 10  xa coa colaboración da Rede Cultural da Deputación Cándido Pazó, recoñocido pola súa traxectoria como contador de historias e monologista,  trae ao Elma “Memorias dun neno Labrego”.

E para rematar este ciclo o domingo, 17 de decembro, dentro da programación da  Rede Cultural   visitaranos  Manuel Manquiña co seu “Monológo”.

Todos estes espectáculos terán lugar no Teatro Elma ás 19.00 h. e a entrada é de balde ata completar aforo.