O ATURUXO DE MELPÓMENE “TERAPIA DE BAR”

O ATURUXO DE MELPÓMENE  “TERAPIA DE BAR”

O ATURUXO DE MELPÓMENE “TERAPIA DE BAR”

DOMINGO 12 DE NOVEMBRO ÁS 19.00 H. NO TEATRO ELMA

A ENTRADA É DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO.

“Terapia de bar”

O bar “Da Costa” non está na costa. É un bar perdido no medio do monte onde rara vez para ninguén. A propietaria do bar e os seus dous únicos clientes habituais, movidos polo aburrimento e polo seu desequilibrio psíquico, deciden converterse en salvadores da humanidade e elaboran un plan para eliminar do mundo os vicios culpables de todos os males do ser humano.
Cada cliente que teña a mala sorte de entrar comprobará nas súas carnes as terribles terapias que lles aplicarán os “salvadores”: acupuntura con coitelos de matar porcos, hipnose ou exorcismos con litros de licor café. Cada terapia elimina efectivamente cada vicio, aínda que tamén pode eliminar ó paciente.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.