OFICINA MUNICIPAL DO CONSUMIDOR

 

OFICINA MUNICIPAL DO CONSUMIDOR

A OMIC É un servizo gratuíto que o concello ofrece aos consumidores, cuxa finalidade é:

  • Informar e orientar aos cidadáns en cuestión dos seus dereitos como consumidores
  • Alertar dos posibles fraudes e perigos aos que estamos expostos ao comprar produtos ou contratar servizos, tanto nun establecemento comercial como fora de el: Venta a domicilio , por catálogo , por internet …
  • Axudar coas xestións e a documentación que se precisan nas queixas pola NON CONFORMIDADE de un usuario fronte a una empresa
  • Mediar entre as partes tentando chegar a unha solución do conflito
  • Recibir e tramitar as reclamacións cara organismo competente

 

CÓMO RECLAMAR?

O servizo de consumo non será competente nos problemas entre particulares nin entre dúas empresas. Cando xurde un conflito entre un usuario e una empresa pódese interpoñer:

Unha DENUNCIA é o acto mediante o cal a persoa consumidora pon en coñecemento da administración un feito que se supón vulnera os dereitos ou a protección do cidadá.

Unha  RECLAMACIÓN é o trámite que interpón  o afectado por un desacordo cando se sinte prexudicado pola empresa ao realizar una compra ou utilizar un servizo. Neste caso se reclama a compensación  por un dano concreto,  no que se solicita a restitución dun pago ou una anulación do contrato. O primeiro paso é cubrir e entregar una Folla de Reclamacións no establecemento en cuestión.

FOLLAS DE RECLAMACIÓNS

Todos os establecementos que comercialicen bens ou servizos , salvo que sexan de titularidade pública, teñen obrigación de ter e por a disposición do consumidor follas de reclamacións, independentemente de que ao seu criterio proceda ou non a demanda.

O comerciante ha de cubrir a parte que lle corresponda, recoller e cuñar a folla una vez cumprimentada polo cliente, e darlle una contestación que deixe constancia á dita reclamación.

Cando acudamos a oficina de consumo, NON DEBEMOS ESQUECER A DOCUMENTACIÓN ACREDITADITA que corrobore a nosa queixa e deixe constancia dos feitos reclamados: contrato, publicidade, facturas, orzamentos, informes … De non poder adxuntar documento algún TRAMITARÁSE IGUALMENTE A SÚA RECLAMACIÓN.

Contacto

 Casa da Cultura Raquel Soler. Pedirase  cita para asegurar a atención máis exhaustiva posible.

 Mañás de Luns a Xoves de 10 a 14 horas. Tardes do Mércores de 5 a 8:30 horas

Telf.: 981 831545 /981 832590

** LIGAZÓNS:

  • Lei de protección das persoas consumidoras (Lei 2/202, do 28 de marzo)
  • Instituto Galego de Consumo , IGC