ORQUESTA DE SEÑORITAS

ORQUESTA DE SEÑORITAS

ORQUESTA DE SEÑORITAS

Ano 1958, o trasatlántico Atlantis percorre a ruta Coruña-Nova York trasladando a 200 pasaxeiros en camarotes de luxo e a 800 emigrantes nas adegas do barco. Nunha tormentosa noite, a imprevisible “Orquestra do Mar”, na que tocan distinguidas señoritas, ameniza as veladas aos pasaxeiros de primeira, para que poidan vomitar cun belo fondo sonoro. O concerto que podía ser trivial, convértese nunha cómica apocalipse da crueldade. Descubrimos que as artistas son mulleres que fora e dentro do escenario sofren discriminación, maltrato e opresión. Iso precipita a explosión das súas difíciles relacións coma virtuosas. Só hai un home na orquestra, o pianista, que é acosado pola prepotente directora pero tamén mantén un romance prohibido coa primeira violinista, xerando situacións hilarantes, baixo a atenta mirada dos oficiais do barco, que ameazan á orquestra coa humillación de rebaixala a tocar ante os emigrantes nas adegas do barco. Unha comedia moi tráxica salpicada de orixinais números musicais, coreografías imposibles e sketchs moi divertidos. Aínda que se afunda o mundo, compre que a orquestra non deixe de tocar…

A Compañía Manicómicos produce este espectáculo coma comezo dun experimento pedagóxico e escénico, xuntando a artistas profesionais con alumnos das súas escolas, para incidir no intercambio artístico en ambos sentidos. O obxectivo é consolidar este grupo como unha compañía estable de espectáculo integral.

DOMINGO 5 DE NOVEMBRO ÁS 19.00 H. NO TEATRO ELMA

Espectáculo non recomendado para menores de 12 anos, entrada de balde.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal e colaboración coa Rede Cultural da deputación da Coruña.