PREMIADOS NO CONCURSO FOTOGRÁFICO DAS I XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA DO CARAMIÑAL

PREMIADOS NO CONCURSO FOTOGRÁFICO DAS I XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA DO CARAMIÑAL

PREMIADOS NO CONCURSO FOTOGRÁFICO DAS I XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA DO CARAMIÑAL

Finalizado o prazo de entrega foron presentadas oito fotografías a concurso, de catro participantes. Foron recibidas algunhas imaxes que non puideron tomarse en consideración pois os autores non solicitaran a inscrición previa.

As fotografías foron enviadas sen identificación dos autores aos membros do xurado para a súa valoración.

O Xurado estivo composto por:

  • 1 representante dunha asociación micolóxica: José Luis Rico Simal, da asociación micolóxica Cogordos.

  • 1 representante da casa da cultura: Xosefa Sanisidro Caamaño

  • 1 representante do concello con coñecementos técnicos en fotografía: Sergio Pérez Boullón.

Valoraron catro apartados:

  1. TÉCNICA: exposición, diafragma, velocidade, sensibilidade, profundidade de campo, apreciación do suxeito representado, enfoque…

  2. COMPOSICIÓN: liñas que guíen a mirada, pesos visuais compensados, rómpense regras pero hai un significado, regra dos terzos…

  3. ORIXINALIDADE: busca un punto de vista innovador, atractivo visual, transmite sensacións, valor do retratado…

  4. HABILIDADE: dificultade que conleva captar a toma, coñecementos necesarios que implica e se están correctamente aplicados.

Tras as votacións as tres imaxes gañadoras son:

1º premio, cun total de 44 puntos a fotografía número 1, do participante con número de inscrición CFIXM_01.

2º premio, cun total de 39 puntos a fotografía número 8, do participante con número de inscrición CFIXM_04.

3º premio, cun total de 36 puntos, a fotografía número 6, do participante con número de inscrición CFIXM_03.

Os premios, consistentes en bonos de compra na plataforma web de comercio local https://www.deanshop.es/ , serán polo tanto para:

1º premio, un bono por valor de 300 €:

2º premio, un bono por valor de 200 €:

3º premio, un bono por valor de 100 €:

Este resultado, ademais de ser publicado na web municipal, seralle comunicado aos participantes por correo electrónico.

Os bonos serán enviados nos próximos días aos premiados ao correo electrónico que utilizaron para a inscrición.

Agradecemos aos membros do xurado e ao Centro Comercial Aberto Deán a súa colaboración e a todos os participantes o seu interese.

RESTO DE FOTOS PARTICIPANTES:

Related Actualidade Articles

Similar Posts From Actualidade Category