Últimas Novas

“RETRINCOS DE CASTELAO”  CON ISABEL RISCO E FRAN REI

“RETRINCOS DE CASTELAO” CON ISABEL RISCO E FRAN REI

TEATRO ELMA. DOMINGO 21 DE XANEIRO. ÁS 19.00 H.

Culturactiva presenta aos cómicos Isabel Risco e Fran Rei en Retrincos de Castelao, un achegamento ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental da historia de Galicia. A través dos seus textos, coa dirección de Diego Rei, fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galicia do seu tempo. Ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e outórganos raíces.

A través dun ollo de vidro que dá nova forma á realidade, poderemos ser quen de presenciar a vida dos homes e mulleres que habitaron esta terra. Grazas a ese ollo seremos quen de comprender realmente a nosa historia e o noso presente

Apto: desde 14 anos

Organiza: Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal.