TRAIL SANISIDRO 19 DE FEBREIRO

TRAIL SANISIDRO 19 DE FEBREIRO

TRAIL SANISIDRO 19 DE FEBREIRO

0 comments

Segunda edición desta carreira de campo a través que se vai celebrar na parroquia de San Isidro de Posmarcos en A Pobra do Caramiñal, o vindeiro domingo 19 de febreiro ás 11:00 h. e para a que se espera unha boa acollida tanto de participantes coma de afeccionados aos deportes de montaña.

Incluída dentro do Circuíto de Carreiras de montaña Arousa-Revolutrion Trail Series 2017, o Trail de San Isidro tamén é a segunda das citas puntuables para a clasificación final deste circuito que despois da primeira proba comanda o campión da edición do 2016: Lois Rodriguez “Pachita”, xunto con Héctor Lorenzo no segundo posto e Ramón Picos no terceiro posto. A falta dunha semana para o peche das inscricións deste trail, de momento, os tres tamén figuran coma favoritos para facerse coa vitoria, aínda que Ramón Picos veciño de Posmarcos parte con certa vantaxe ao coñecer o percorrido de primeira man.

O percorrido elaborado pola organización trata de reunir, non só as condicións de distancia e técnicas necesarias para facer da carreira unha proba competitiva e adaptada a tódalas condicións dos participantes, senón tamén trata de divulgar o inmenso patrimonio natural da zona encaixada entre montañas, e gargantas que desbordan en ríos e regatos de variado caudal e que os corredores terán que sortear en varias ocasións.

Destacar que os participantes poderán desfrutar das vistas do río Pedras, sortearán o regato do Salgueiro e cruzarán o Lérez pola ponte das Taras (todo un exemplo de arquitectura popular de finais do século XIX). A nivel técnico a carreira ten unha primeira metade de dificultade elevada, donde  se salvan os casi 700 metros de desnivel positivo acumulado cos que conta todo o percorrido chegando ata o cumio do Salgueiro e logo unha segunda metade da proba na que se pode correr cómodamente e difrutar de sendas por bosques e antigos e camiños recuperados ata chegar a Posmarcos. Dende a organización considérase que a carreira determinará o campión/a nesta segunda metade do percorrido, xa que na primeira o abrupto do terreno e as características técnicas do mesmo non permitirán abrir grandes diferencias entre eles.

Queremos agradecer a colaboración e implicación dos veciños de San Isidro, en especial da Comunidade de Montes de Posmarcos e a AA.VV. de Carreira e Senda XXI, que coma sempre, estarán en cada cruce e ao longo do camiño dando apoio e indicacións aos participantes.

 

trail sanisidro 190217

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.