VIAXES AO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

VIAXES AO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

VIAXES AO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS

0 comments

A Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal organiza viaxes ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas dende A Pobra do Caramiñal, en catamarán durante o mes de xuño 2017.

O venres, 9 de xuño: Viaxe á illa de Sálvora con saída do porto náutico ás 19:30 h. e regreso aproximado ás 00:30 h.

Farase un roteiro especial nocturno chamado: “Starlight”, para divisar as estrelas en compañía dun guía astrónomo. Xa que o Parque Nacional das Illas Atlánticas obtuvo en xaneiro de 2016 a certificación de destino turístico Starlight, que acredita a calidade do ceo nocturno.

O prezo por adulto e  por cada neno é de 20€. Inclúe ida e volta mais ruta guiada con astrónomo.

Sábado 17 de xuño viaxaremos ás illas Cíes, saída ás 10:00 h. do porto náutico e volta aproximada ás 21:00 h.

Cada adulto deberá pagar 25€. Inclúe ida e volta mais roteiro guiado cunha guía profesional. Os nenos ata 12 anos, acompañados de seus pais, irán de balde.

Sábado 24 de xuño: viaxe ás illas Ons, saída ás 10:30 h. tamén dende o porto náutico e regreso sobre ás 20:30 h.

Cada adulto deberá pagar 20€. Inclúe ida e volta mais unha ruta guiada por unha guía profesional. Os nenos ata 12 anos acompañados de seus pais, tamén irán de balde.

As persoas interesadas en calquera viaxe deben reservar previamente da seguinte maneira:

  1. A través da páxina web da empresa do barco: www.toursriasbaixas.com.  Deben seleccionar o viaxe desexado por exemplo: “A Pobra do Caramiñal – llla de Ons 24 xuño”. De seguido recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retirar os seus billetes.
  2. A través do teléfono 680 733 990. Deberá proporcionar un número de tarxeta (nunca o PIN), como si se tratase dunha compra por internet. Recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retirar os seus billetes.

Tamén ofrecemos información no punto de información turística da Pobra instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado das 11:00 ás 13:00 h. e das 17:00 ás 19:00 h.; chamando ao número de teléfono: 671 090 262; seguindo as novidades no Facebook oficial de turismo chamado: Turismo A Pobra do Caramiñal ou tamén a través de esta web oficial: www.apobra.gal.

Viaxes

horarios

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.