VISITA Á ILLA DE SÁLVORA

VISITA Á ILLA DE SÁLVORA

VISITA Á ILLA DE SÁLVORA

0 comments

Domingo 9 de abril ás 11:00 horas un catamarán fará a ruta dende A Pobra do Caramiñal a illa de Sálvora, sita no concello veciño de Santa Uxía de Riveira, illa que pertence ao Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.

Cada persoa deberá pagar 15 €. Para os menores de 12 anos é de balde. O prezo inclúe o traslado a illa e o dereito a asistir a unha ruta guiada por profesionais do Parque.

Haberá que levar a comida e calzado axeitado. A hora do regreso será as 19:15 horas aproximadamente.

As prazas son limitadas. No caso de haber mal tempo, aprazarase a excursión e para os que non poidan vir na data opcional, devolveráselle os cartos.

As persoas interesadas deberan facer a reserva no número de teléfono: 680 733 990 ou a través da páxina web: www.toursriasbaixas.com ou realizar o pago a través de transferencia bancaria.

Poden solicitar información no punto de información turística situado no Museo Valle-Inclán  da Pobra do Caramiñal.

Organiza a Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal

Catamaran

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.