VOLUNTARIADO LOCAL

VOLUNTARIADO LOCAL

VOLUNTARIADO LOCAL

A acción voluntaria é unha manifestación práctica da conciencia solidaria da cidadanía, na procura dunha sociedade mellor, da que moitas persoas forman xa parte aportando valores, reflexións, recursos… comprometendo, de xeito altruísta, o seu tempo, en beneficio doutras persoas e da sociedade en xeral.

Trátase dun valor en alza en toda sociedade moderna do que todos podemos formar parte e que, no Concello da Pobra, hai anos que vén funcionando en distintas formas de manifestación: no ámbito educativo, apoio nas actividades do CAD, acompañamento das persoas maiores a citas médicas… ámbitos que se poden estender a outros eidos coma o cultural ou o deportivo.

As persoas interesadas en facerse voluntarias ou obter máis información, poden dirixirse ás dependencias de Servizos Sociais sitas na rúa Castelao, 1.

cartel voluntariado-001