XIX EDICIÓN XORNADAS DE HOMENAXE A VALLE-INCLÁN

XIX EDICIÓN XORNADAS DE HOMENAXE A VALLE-INCLÁN

XIX EDICIÓN XORNADAS DE HOMENAXE A VALLE-INCLÁN

Esta iniciativa de dinamización cultural e de interese socio comunitario que promove o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, articúlase na celebración da efeméride do aniversario do nacemento do universal escritor e o centenario do seu establecemento no Casal da Mercé (en 1917).

Trátase dunha iniciativa de ámbito galego na que estarán presentes actividades como: teatro, monicreques, recitais, concertos, publicacións, ponencias, exposicións, etc; destinadas a públicos de todas as idades.

A súa axenda desenvolverase durante o mes de outubro, en especial os venres e sábados, grazas ao patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello da Pobra do Caramiñal. Contando coa colaboración de entidades como: Asociación  Amigos de Valle-Inclán, ACAMFE, USC, Cátedra Valle-Inclán, Fundación Valle-Inclán, Entre Caricaturas, Asociación Gandaina, Caramiñas da Asociación Amas de Casa, Asociación Tanxedoira e todas as entidades valleinclanianas de Galicia.

ImprimirImprimir