Últimas Novas

Programa de actos da XVIII edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

Programa de actos da XVIII edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán

No mércores, día 5 de outubro, no Auditorio do Museo Valle-Inclán, tivo lugar o acto de presentación ós medios do programa de actos da XVIII edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán.

A súa axenda desenvolverase durante o mes de outubro, en especial ós venres e sábados, grazas principalmente ó patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta e en menor medida á Deputación da Coruña, contando tamén coa colaboración doutras entidades.

Esta iniciativa de dinamización cultural e de interese sociocomunitario articúlase na celebración da efeméride do 150.º aniversario do universal escritor entre as vilas valleinclanianas do país. Trátase dunha iniciativa de ámbito galego na cal estarán presentes actividades como teatro, lecturas dramatizadas, monicreques, recitais, concertos, publicacións, relatorios etc., destinadas a públicos de tódalas idades.

Interviñeron: Xosé Lois Piñeiro García, alcalde da Pobra do Caramiñal; Genoveva Hermo Santos, concelleira das áreas da Cultura e Educación, e Antonio González Millán, director do Museo Valle-Inclán.

0001 0002cartel-quico-cadaval publicacions-jpeg siro-jpegsin-titulo-2