Últimas Novas

11 e 12 de xaneiro, “Vive, aprende e goza do noso 2020” coa Eiradela na praza Maior (V edición do festival)

11 e 12 de xaneiro, “Vive, aprende e goza do noso 2020” coa Eiradela na praza Maior (V edición do festival)

Na fin de semana de 11 e 12 de xaneiro gozaremos dun completísimo festival cultural coa Eiradela, na praza Maior da Pobra do Caramiñal. E imos xa pola quinta edición!

Así darémo-la benvida ó ano 2020 cunha morea de actividades centradas na nosa música tradicional.

VIVE, APRENDE E GOZA DO NOSO 2020

11 e 12 de xaneiro

Organiza a A.C. Eiradela.

Promove o Concello da Pobra do Caramiñal.

Programación:

Xornada de sábado 11 de xaneiro de 2020: “A tradición en clave de xénero

19:00 h ruada e apertura das xornadas con Os Liantes

20:30 h obradoiro de baile con perspectiva de xénero: “BAILAR A CANDA OS TEMPOS” por Carmen Campo e Chus Caramés

22:00 h obradoiro de regueifa pola igualdade: “REGUEIFA 2.0”

23:30 h OS DA PORFÍA en concerto

 

 

Xornada de domingo 12 de xaneiro: “O tradi é moda”

Apertura de portas ás 12:00 h  coa mostra de artesanía coas asociacións Andaina, Pedras Artesanía e Patrimonio, 4eco Barbanza, Alén das Olas, Amorote e C.C. Artesanía

 

De 12:15 h a 17:00 h  vermú ghaiteiro en que participarán

      1. Escola de baile e pandeireta Caramiñas (A Pobra do Caramiñal)

      2. Asociación cultural Arrancadeira (A Pobra do Caramiñal)

      3. Asociación cultural e deportiva Xiada (A Pobra do Caramiñal)

      4. Nunca é Tarde (Boiro)

      5. Aínda é Sedo (Boiro)

      6. As da Canteira (Escarabote)

      7. GMBT Tahume (Olveira, Ribeira)

      8. Aula de gaita e percusión tradicional da AMPA de Escarabote

      9. Asociación cultural Pedra da Aroña (Escarabote)

     10. Asociación cultural Xilbarbeira (Boiro)

     11. O Son das Ferreñas (A Pobra do Caramiñal)

     12. Os Sentenarios (Muros)

     13. Asociación cultural Bailadela (Ribeira)

     14. Lumieira (Boiro)

     15. Tanxedoira (Palmeira)

     16. A Dorniña de Abanqueiro (Boiro)

 

 

 

17:00 h obradoiro de baile por Luís Prego: “Iniciación ó baile solto”

18:30 obradoiro/ faladoiro por Sete Espadelas: “A Galicia dos mil panos”

19:30 h  obradoiro de baile por Luís Prego: “O maneo”

21:00 h fin da festa con Joel Padín (Vilagarcía)/Xesteiras (Rianxo)/Caraveiros (A Pobra do Caramiñal) e Trécola (A Pobra do Caramiñal)

Tamén haberá, durante todo o domingo, de 12 h a 21:00 h, un obradoiro de olaría a cargo de Alén das Olas, enfocado sobre todo ós pequenos e pequenas.

Non perdáde-la quinta edición do festival da Eiradela de benvida ó novo ano!