Últimas Novas

18 de abril, Día Internacional dos Monumentos e Sitios

18 de abril, Día Internacional dos Monumentos e Sitios

0 comments

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiňal súmase á celebración do 18 de abril, DÍA INTERNACIONAL DOS MONUMENTOS E SITIOS, ofrecendo ó público unha lección en imaxes creadas polo recoñecido artista de Cuntis, Héitor Picallo, sobre o valor patrimonial da Torre de Bermúdez, palacete de estilo renacentista, construído no período 1540-1545, seguindo trazas e elementos decorativos do círculo do gran mestre de arquitectura Rodrigo Gil de Hontaňón, baixo a dirección de Juan Pérez, artista tamén ó cargo das obras da catedral de Santiago de Compostela, así como da basílica de Sta. María ou do gremio de mareantes de Pontevedra.

A Torre de Bermúdez e o Museo Valle-Inclán teňen a máxima consideración legal dentro da lexislación estatal e autonómica, por aplicación da estatal Lei 16/1985, de 25 de xuño, do patrimonio histórico español e, igualmente, pola galega Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural. Mais, a carón da tutela legal que determina o ámbito de protección, conservación ou medidas de posta en valor e de rendibilidade sociocomunitaria, o certo é que, como símbolo e imaxe do patrimonio histórico e artístico da comarca do Barbanza, merece respecto e medidas consecutivas para a súa mellor e efectiva salvagarda.

 

Conscientes de que se defende e protexe aquilo que nos é coňecido, dende este mes de abril e ata xullo, poderá ser desfrutada a exposición “A torre dos Valle Bermúdez no Caramiňal”, serie iconográfica composta de 40 láminas de debuxo arqueolóxico inspirada nos adobíos e elementos únicos deste edificio monumental e singular ó respecto da historia da arquitectura e da arte do NO da Península Ibérica.

 

Polo Decreto 249/1976, de 9 de xaneiro, esta fermosísima xoia está declarada MONUMENTO HISTÓRICO-ARTÍSTICO DE CARÁCTER NACIONAL. Logo da súa rehabilitación funcional, acolle a sede permanente do Museo Valle-Inclán, pioneiro no país, inaugurado en 1987 e institución cultural que alberga unha importante colección patrimonial especializada.

 

Respectémola como monumento impar e contribuamos a educa-las novas xeracións sobre o significado e coidados que merece como ben de interese cultural e símbolo da alta cultura da Galiza.

As ilustracións inclúense nun libro no cal o director do museo, Antonio González Millán, fai un repaso polos cincocentos anos de historia do inmóbel.

A exposición permanecerá dispoñíbel ó público ata o mes de xullo.

Excepcionalmente, esta Semana Santa (incluídos Xoves e Venres Santo) o museo permanecerá aberto no seu horario habitual dende as 11:00 ás 13:00 h e dende as 17:00 ás 19:00 h.

A entrada é de balde.

 

 

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.