Últimas Novas

18 de maio, Día Internacional dos Museos: xornadas e exposición no Museo Valle-Inclán

18 de maio, Día Internacional dos Museos: xornadas e exposición no Museo Valle-Inclán

0 comments

O Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal desexa facer un chamamento a toda a veciñanza para celebrar conxuntamente o Día Internacional dos Museos 2019. Este evento promovido polo Icom-UNESCO (DIM 2019) celébrase tódolos 18 de maio dende 1977 e nel participan museos de todo o mundo: o ano pasado, preto de 37000 centros de 158 países!

Para esta ocasión hai pensado un programa de actividades en relación co museo como institución cultural de referencia e co traballo que realiza o seu persoal.

Para comezar, e en colaboración coa Biblioteca Provincial da Coruña, tódalas usuarias e usuarios poderán visitar ata 15 de xuño de 2019 a instalación bibliográfica Museos na literatura, a literatura nos museos.

Os mércores 15 e 22 de maio, ás 12:00 h, as persoas asistentes poderán preguntar directamente tódalas cuestións e curiosidades que teñan sobre as tarefas tradicionais e modernas, durante a visita comentada O museo por dentro: os oficios propios dun museo.

O protagonismo absoluto do día central, sábado 18 de maio de 2019, terano os fondos do museo na visita guiada Coñece as nosas coleccións: exposición permanente e exposición temporal do Museo Valle-Inclán, que iniciará o seu percorrido ás 12:00 da mañá.

Finalmente, sábado 25 de maio terá lugar unha charla-coloquio sobre a razón de ser dos museos ás 20:00 h no auditorio do museo.

Con estas iniciativas quérese dar visibilidade unha vez máis á vocación principal dos nosos museos: estaren ó servizo da cidadanía para protexeren, conservaren e transmitiren a súa memoria.

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.