Últimas Novas

19 de maio: catamarán pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla

19 de maio: catamarán pola Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla

0 comments

Domingo 19 de maio sairá da Pobra do Caramiñal un catamarán para navegar por parte da Ruta Xacobea marítimo-fluvial do Mar da Arousa e Río Ulla, a cal conmemora o traslado do apóstolo Santiago dende Palestina ata Iria Flavia.

 

É unha ruta de gran riqueza paisaxística e cultural. No seu transcurso polo río Ulla verase a costa de ámbolos lados da ría da Arousa: Boiro, Vilagarcía de Arousa, Rianxo, Catoira e Pontecesures; praias, calas, cabos, enseadas, pontes, os cruceiros que pertencen ó único viacrucis marítimo-fluvial do mundo, as Torres do Oeste, ata chegar ó lugar onde reza “Hic fuit corpus Beati Jacobi” (“Aquí estivo o corpo do apóstolo Santiago.”). Unha experiencia única!

 

O catamarán sairá do porto náutico da Pobra do Caramiñal ás 15:30 h, mais é preciso estar 30 minutos antes. A hora de chegada estimada é as 19:30 h (4 horas de navegación aproximadamente).

Durante a viaxe iranse explicando os recursos de interese. Quen o desexar poderá levar algún petisco, aínda que haberá ágape de empanada e viño.

A empresa navieira só lles devolverá o importe íntegro do billete cando a propia empresa anule a viaxe por prognóstico meteorolóxico adverso ou por falta dunha cantidade mínima de persoas pasaxeiras.

 

As prazas son limitadas. As persoas interesadas en calquera das viaxes deben reservar e realiza-lo pagamento antes do día da viaxe, da seguinte maneira:

  1. a) A través do teléfono 986 320 048, no horario de 9:00 a 20:00 h

Tódalas persoas viaxeiras deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos, e número do documento de identificación.

Para realiza-lo pagamento deberá proporcionar un número de tarxeta (nunca o PIN), coma se se tratase dunha compra pola Internet. Recibirá un correo electrónico coa confirmación da compra, que deberá presentar no barco o día da viaxe para retira-los seus billetes.

  1. b) A través da páxina web da empresa navieira: piratasdenabia.com.

Tódalas persoas deberán facilita-los seguintes datos: nome e apelidos, e número do documento de identificación.

Informarémolo/a:

  • No punto de información turística da Pobra do Caramiñal instalado no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado, das 11.00 ás 14.00 h e das 17.00 ás 19.00 h;
  • No edificio do concello, no 2.º andar, en horario de luns a venres pola mañá;
  • Chamando ó número de teléfono 671 090 262 ou ó 687 482 835;
  • Na páxina do Facebook oficial de Turismo, chamado Turismo A Pobra do Caramiñal, ou tamén a través desta web municipal: apobra.gal

É unha iniciativa da Concellaría de Turismo da Pobra do Caramiñal.

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.