MEDIO AMBIENTE
As accións destinadas á protección do medio ambiente non só producen efectos positivos sobre a conservación da biodiversidade e os recursos naturais, senón que están intimamente relacionadas coa consecución dunha maior calidade de vida das persoas.
Para a Concellaría do Medio Ambiente é de vital importancia desenvolver políticas destinadas a acada-las mellores condicións neste eido, traballando para evitar tódalas formas de deterioración medioambiental. Para conseguilo, tamén é imprescindíble a concienciación social, informando a veciñanza para formar unha sociedade máis respectuosa co patrimonio natural e comprometida coa súa conservación e unha sociedade activa e transformadora, consciente e participativa nos procesos de decisión que a afectan.
Correo electrónico: medioambiente@apobra.gal
Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostíbel do Concello da Pobra do Caramiñal:
Clasificación sanitaria final na tempada de 2021 das zonas de baño do municipio:
Mellora da compostaxe no concello da Pobra do Caramiñal:
A convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e máis concretamente a Dirección Xeral de Calidade ambiental, sostibilidade e cambio climático, fixo posible a ampliación da rede de compostaxe doméstica na Pobra do Caramiñal, cos obxectivos de diminuír a fracción orgánica que se baleira nos contedores xenéricos e converter o lixo nun recurso (fertilizante).
Por medio deste financiamento instaláronse 54 composteiros en vivendas particulares e 6 composteiros en centros de ensino: 2 na gardaría do polígono industrial, 3 no IES da Pobra do Caramiñal e 1 no CEP Salustiano Rey Eiras, como complemento doutro que xa tiñan neste centro.
A cantidade de materia orgánica xestionada coa compostaxe que non foi ó contedor xenérico entre a entrega do material e a xustificación da axuda (aproximadamente 5 meses de 30 días/mes) estimouse en 13851 kg, é dicir, case 14 toneladas.
A cantidade de compost formado neste período, se se considera que 1 kg de materia orgánica produce aproximadamente 0’3 kg de compost, estimouse en 4155’3 kg de compost producidos no período de xuño-novembro de 2021 na Pobra do Caramiñal, é dicir, algo máis de 4 toneladas.
Punto limpo móbil:
A convocatoria da Orde de 5 de maio de 2020 que establece as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e máis concretamente a Dirección Xeral de Calidade ambiental, sostibilidade e cambio climático, fixo posible a compra dun punto limpo móbil así como as campañas de difusión e sensibilización para dalo a coñecer. O obxectivo é que a veciñanza, especialmente a do rural, dispoña dun sistema de reciclaxe complementario. Deste xeito, o punto limpo móbil presenta depósitos para residuos que irían no contedor xenérico de forma inadecuada. No período de funcionamento deste novo servizo, recolléronse no 2021 un total de 422’5 kg de residuos, pertencentes a categorías como pilas, baterías, lámpadas, pequenos aparellos electrónicos, e outros.