
FORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA MAIORES DE 50 ANOS. IV CICLO. CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA
O obxectivo principal deste programa é favorece-la democratización do coñecemento, potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico entre toda a poboación maior de 50 anos, con accións que se concretan en tres obxectivos específicos:
- Revalorización e afondamento no valor do noso patrimonio
- Concienciación e aprendizaxe da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas
- Recoñece-lo valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias
- Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación
CONTIDOS BÁSICOS:
Primeiro seminario: Historia galega I
27 de setembro de 16.30 a 18.00 h
- Concepto, cronoloxía, caracterización e problemas do Megalitismo galego
- Xacementos máis significativos do período megalítico galego
- Ferramentas e utilidades na rede sobre os xacementos megalíticos da contorna
Sesión práctica:
- Saída á Arca do Barbanza para poñer en valor e in situ os contidos teóricos
DOCENTE: don Rubén Castro Redondo, investigador en Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da USC e do Programa Universitario de Maiores IV CICLO, da USC
28 de setembro de 16.30 a 18.00 h. Visita guiada á Arca do Barbanza
Segundo seminario: O mundo artístico: A Música
3 de outubro de 16.30 a 18.00 h
A música ten moitas funcións e sen dúbida a educación coa música é unha delas, de aí a importancia de ofrecer un contido universitario que leve por título “Invitación a un concerto”:
- Emoción, afectividade e música. Como afecta a música o noso cerebro.
- A construción musical como manifestación cultural artística: a música constrúe cultura e constrúe sociedade. Usos e funcións da música.
- Periodización da Historia da Música Clásica no Occidente. Etapas e características.
Sesión práctica:
- Sesión de audición da “Real Filharmonía de Galicia” (Falta fixa-la data.)
DOCENTES: dona Silvana Longueira Matos, prof. da Facultade de Ciencias da Educación da USC
Terceiro seminario: O CAMBIO CLIMÁTICO, OU O QUE PODEMOS PERDER
4 de outubro de 10.00 a 11.30 h
- Conceptos básicos sobre clima
- Coñecemento de organismos científicos autonómicos, nacionais e internacionais que traballan no cambio climático
- Análise das posibles repercusións do cambio climático na zona e na súa biodiversidade
DOCENTES: don José Antonio Rodríguez Añón, prof. titular do Dpto. de Física Aplicada da Facultade de Física da USC
Don Xurxo Proupín Castiñeiras, prof. titular do Dpto. de Física Aplicada da Facultade de Física da USC
5 de outubro de 10.00 a 11.30 h. Visita guiada á EDAR do Xobre
INFORMACIÓN: CASA DA CULTURA RAQUEL FERNÁNDEZ SOLER . 981 831545