XENTES E TEMPOS DA POBRA DO CARAMIÑAL: UN MAPA DO PATRIMONIO PARA TODA A VECIÑANZA
Xentes e tempos da Pobra do Caramiñal é o mapa do patrimonio histórico da Pobra que se presentou durante a xornada A Pobra do Caramiñal no Tempo, que tivo lugar no sábado 8 de setembro de 2018 no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
O mapa presenta unha escolma do patrimonio arqueolóxico e histórico do concello, facendo convivir no mesmo espazo elementos arqueolóxicos como túmulos megalíticos, petróglifos, curros, castros, pazos ou cruceiros, ata elementos do pasado contemporáneo como fábricas ou espazos vinculados á guerra civil. O obxectivo é dar a coñecer á veciñanza, e a tódalas persoas visitantes do concello, a riqueza e diversidade do patrimonio histórico da Pobra do Caramiñal, así como estimula-lo seu coñecemento e coidado.
O mapa foi deseñado polo realizador Juan Pablo Venditti e coordinado por José Carlos Vidal e Manuel Gago.
Pódese recoller de balde unha copia do mapa na biblioteca da Pobra do Caramiñal, pero, para quen non estean no concello, deixamos aquí a ligazón para que o poidan descargar tamén de balde.
Descargábel no PDF: xentes_e_tempos_pobra