Festival de habaneras, sábado 3 de agosto ás 20.30 h no Elma
A Coral Polifónica de Agolada
comeza a ensaiar en outubro de 1992, baixo a dirección de Enrique Alvarellos, e debuta ese mesmo ano no concerto do Nadal en Agolada. Dende entón realizou unha intensa actividade ó longo de toda a xeografía galega e tamén en localidades doutras comunidades autónomas, como Tudela de Duero (Valladolid), Pravia e Xixón (Asturias), Alcobendas, Mosteiro de lratxe (Navarra) etc.
Tamén é salientábel a estrea da cantata A Lanzada, de Enrique Alvarellos, acompañada polo Orfeón Xoán Montes e a Orquestra Sinfónica de Xove, que tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo, en maio de 2000.
En abril de 2014 acadou o l.º premio no Certamen de Rondallas y Corales Santiago Apóstol, realizado en Ourense, e o 3.ºpremio no II Certame de Corais Vila de Arbo, en outubro do mesmo ano.
Pero, sen dúbida, entre os fitos máis importantes na traxectoria da Coral Polifónica de Agolada cabe destacar, a nivel internacional:
– O intercambio cultural realizado nos anos 1999 e 2000 coa coral Sarabande de La Force (Francia), polo cal participou en varios concertos nas cidades de La Force e Lalinde
– O irmandamento co coro italiano Quelli Delli 21, 18, de Manziana, nos anos 2002 e 2008, que culminou con actuacións en marcos incomparábeis como a igrexa de San Pietro in Montorio e Santo Ignacio de Loiola, en Roma, a igrexa de San Giovanni Battista de Manziana etc.
– O intercambio coa coral de Gondomar (Portugal) no ano 2012
Actualmente está dirixida por Alejandro Piñeiro e está formada por 35 voces mixtas.
Obras:
- LA REINA DEL PLACER
- VEN
- AMARRADITOS
- MUIÉ REDNDERA
CORAL POLIFÓNICA SANTA MARÍA DE CAMBRE
Naceu en marzo de 1998 por iniciativa da Asociación da Terceira Idade de Cambre, e realizou o seu primeiro concerto no Nadal dese ano.
En decembro de 1999 constitúese como unha asociación independente. Aínda que a súa actividade a desenvolve na Galiza, asistiu como invitada a festivais en Asturias, León e Portugal.
Colabora desinteresadamente coas asociacións sen ánimo de lucro que o solicitaren.
Promove e leva a cabo a creación do Certame de Polifonía e Habaneras de Cambre, que vai xa pola 20.ª edición. Anualmente, no mes de outubro, dedicado ás súas amizades e socios/as protectores/as, organiza un concerto en conmemoración do seu aniversario. Dende o ano 201O, tamén organiza un encontro de corais baixo o título Festival da Primavera.
Está integrada na Federación Galega de Corais (Fecoga) e na Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Cabe subliñar tamén que, con motivo do seu 14.º aniversario, presentou un espectáculo de zarzuela que foi tan ben acollido polo público que, na actualidade, paralelamente á actividade do coro, está a representalo nas diferentes poboacións galegas.
O coro foi fundado e dirixido, dende os seus comezos no ano 1998, pola mestra dona Luísa Armesto Ramón.
Obras:
- A BRANCA GAIVOTA
- HUELLAS EN LA ARENA
- AIRIÑOS
- FOLIADA DO SALNÉS
CORAL ABRENTE, DA POBRA DO CARAMIÑAL
A coral Abrente pertence á Asociación de Amas de Casa da Pobra do Caramiñal (A Coruña) e á Fecoga. Formouse no ano 1984 e a súa directora é D.ª GEMMA CERQUEIRAS PAZ. O seu repertorio abrangue dende o madrigal renacentista ata as obras dos máis importantes compositores contemporáneos. Realiza tres encontros corais anuais: en maio, no Día das Letras Galegas; en agosto, o Encontro Habaneras e, no Nadal, Panxoliñas.
Participa en intercambios corais e cabe destacar eventos musicais dende os seus comezos: 1.° premio Certame de Nadal, Santiago de Compostela, 1987. É finalista na Mostra de Coros Polifónicos no período 1991-92-93- e 1995 en Pontevedra.
Finalista en Panxoliñas de Caixa Vigo e no 1.º e 2.° Certame Consellaría de Cultura, da Xunta. 2.° e 3.° premio no Certame Vila de Marín.
É seleccionada en toda a Galiza para a mostra “Galicia Cantat“, “Galicia Canta o Nadal”, e “Galicia nos Sentidos”.
Participa no Festival de Habaneras Cidade da Coruña e leva o 2.º premio no Festival de Habaneras Vilagarcía de Arousa. Participa no Encontro Internacional Calçada Romana da Cultura, en Portugal, e Sendas, en Portugal. É finalista no IX Certamen Coral de Villancicos, de Molina de Segura (Murcia). Fai un exitoso concerto co cuarteto de corda da “Real Filharmonía de Galicia” na Pobra, e participa no encontro de Música Relixiosa Cidade da Coruña, con acompañamento instrumental. Premiada no Concello do Grove en Habaneras. Fai intercambios con Xixón no Encontro Coral Cimadevila. Preparou e puxo en escena unha antoloxía da zarzuela en varias ocasións con grande éxito. Segue a sua andaina con numerosos intercambios corais por toda a xeografía e preparando novos proxectos.
Obras:
- HABANERA SALADA
- A TU LADO
- CAMINO DEL INDIO
- CALICHE
- SHO SHO LOZA