Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!
COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA
VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN
Neste sábado continuámosvos a ofrece-la vosa visita virtual guiada diaria.
Esta semana témola toda dedicada ó don Ramón del Valle-Inclán republicano, escritor e figura pública, como ben estivestes a comprobar en tódalas citas literarias que estivemos a publicar nestes días.
Nesta undécima xeira do noso ciclo, mostrámosvos máis unha imaxe do artista Siro López, quen ten toda unha serie dedicada ó noso ilustre escritor.
E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, mais sempre QUEDANDO NA CASA!
Peza do día: sábado 28 de marzo de 2020
VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións
Serie plástica creada por Siro
Visión VIII
Témpera sobre papel
Siro [Siro López]
2007
Orixinal
Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)
Lin nestes días nos periódicos o seu propósito de vir por esta terra… evanxelizar infieis. Creo que poderá ser de proveitosos resultados a súa palabra, e de grande esperanza para os moitos amigos e simpatizantes que ten na Galiza. Non esqueza vostede que a romaría galega é a conmemoración da propaganda e os mitins que deu por estar breñas e marismas o noso padroeiro o señor Sant–Iago. […] A festa xacobea é a lembranza dunha propaganda revolucionaria e triunfante feita en sucesivos mitins a través destes campos.
(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 8-VIIII-1935)
(Cita orixinal castelá)
He leído estos días en los periódicos el propósito de usted de venir por esta tierra… a evangelizar infieles. Creo que podrá ser de provechosos resultados su palabra, y de gran esperanza para los muchos amigos y simpatizantes que tiene en Galicia. No olvide usted que la romería gallega es la conmemoración de la propaganda y los mítines que dio por estar breñas y marismas nuestro patrón el Señor Sant-Yago. […] La fiesta jacobea es el recuerdo de una propaganda revolucionaria y triunfante hecha en sucesivos mítines a través de estos campos.
(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 8-VIIII-1935)