Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXXIV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!
COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA
VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN
Peza do día: luns, 20 de abril de 2020
“Vera effigies” de don Ramón del Valle-Inclán
Castelao
Prensa gráfica
1916 (e ss.)
Suevia (Buenos Aires), ano I, núm.1, 01.I.1916
Facsímile
Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)
Don Ramón del Valle-Inclán volveu solicitar, mediante unha instancia presentada no Ministerio da Graza e da Xustiza, a real carta de sucesión no título de señor do Caramiñal […] E cando don Ramón María del Valle-Inclán y Montenegro sexa o señor do Caramiñal; cando o máis aristocrático temperamento das nosas letras escriba na súa torre secular esas rexias prosas repuxadas; cando se oian no casino os ladridos das mandas caninas de don Ramón; cando a Academia vaia rogarlle ó pontífice do estilo que lle outorgue a mercé de aceptala como albergue temporal da súa gloria, entón, os que vivimos por estes lugares de égloga e fabulacións, non necesitaremos, ó falársenos do señor, inquirir a quen se fai referencia. El! […] Esperemos que o ministro da Graza e da Xustiza se lembre de ler algunha vez as divinas Sonatas. Deus queira!
(Ramón Fernández Mato, Cespón, ría da Arousa, decembro de 1915, publicado no n.º I da Suevia, Buenos Aires, 01.01.1916)
Cita orixinal castelá:
Don Ramón del Valle-Inclán ha vuelto a solicitar, mediante instancia presentada en el Ministerio de Gracia y Justicia, real carta de sucesión en el título de Señor del Caramiñal […] Y cuando Don Ramón María del Valle-Inclán y Montenegro sea el señor del Caramiñal; cuando el más aristocrático temperamento de nuestras letras escriba en su torre secular esas regias prosas repujadas; cuando se oigan en el casino los ladridos de las jaurías de Don Ramón; cuando la Academia vaya a rogarle al Pontífice del estilo que le otorgue la merced de aceptarla como albergue temporal de su gloria, entonces, los que vivimos por estos lugares de égloga y conseja, no necesitaremos, al hablársenos del señor, inquirir a quien se hace referencia. ¡El! […] Esperemos que el ministro de Gracia y Justicia se acuerde de haber leído alguna vez las divinas Sonatas. ¡Dios quiera!
(Ramón Fernández Mato, Cespón, ría da Arousa, decembro de 1915, publicado no n.º I da Suevia, Buenos Aires, 01.01.1916)
Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:
https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan