PRAIAS LIMPAS DE CABICHAS! Repartimento dos cinceiros domingo 26 de xullo pola tarde nas praias da Illa, da Lombiña e da Corna
CAMPAÑA PRAIAS LIMPAS DE CABICHAS
Promove o Concello da Pobra do Caramiñal.
- OBXECTIVO DA CAMPAÑA: Reduci-la presenza de cabichas nos areais
- MOTIVOS PARA FACE-LA CAMPAÑA: As cabichas
- Contaminan a auga salgada e a auga doce.
- Cada cabicha pode contaminar entre 8 e 10 litros de auga do mar e ata 50 litros se se trata de auga doce.
- Son un residuo altamente contaminante pola súa composición:
- Os raios ultravioletas do Sol poden fragmenta-lo filtro en pezas máis pequenas, pero o material de orixe non é biodegradábel.
- Reteñen numerosas substancias como cadmio, arsénico, nicotina, tolueno, e outros compoñentes como o metanol, ácido acético, amoníaco, ácido esteárico e alcatrán.
- Son un residuo persistente no tempo:
- O informe de 2017 da ONG Ocean Conservancy indica que as cabichas supoñen o 13% do número total de desperdicios recollidos na súa campaña mundial.
- Poden viaxar miles de quilómetros e contaminar diferentes ecosistemas, incluídos os océanos.
- Diversos estudos mostran que o seu efecto contaminante pode durar entre 7 e 12 anos, e incluso algúns estudos afirman que poden chegar ata os 25 anos.
- Son un residuo difícil de retirar nas praias tanto con limpeza mecanizada coma manual:
- Pasan polos buratos das cribas nas máquinas de limpeza mecanizada.
- É moi laborioso recollelas unha a unha, é decir, suporía un gasto en persoal e esforzo economicamente inasumíbel.
- Moitos animais confúndenas con comida, e morren ou enferman por atragoamento ou toxicidade.
- Dan moi má imaxe do lugar onde se atopan, pois a calquera persoa lle gustan as praias limpas.
- Ás nenas e nenos chámanlle-la atención e métenas na boca.
Se queredes máis información: www.proyectolibera.org