Últimas Novas

INSCRICIÓNS ATA 20 DE FEBREIRO: obradoiros do Entroido 2020 (24, 25 e 26 de febreiro) para nenas/os no Salustiano Rey Eiras

INSCRICIÓNS ATA 20 DE FEBREIRO: obradoiros do Entroido 2020 (24, 25 e 26 de febreiro) para nenas/os no Salustiano Rey Eiras

         Na Pobra do Caramiñal continuamos cunha moi ampla programación do Entroido de 2020 para tódalas idades, pero sempre pensando nas máis pequenas/os e nas familias, así como na conciliación nestas datas.

Nos obradoiros do Entroido que se realizarán no colexio Salustiano Rey Eiras dende as 9 h ata as 14 h para nenas e nenos nados entre 2016 e 2007, haberá o servizo de madruga habitual, xa a partir das 7.30 h  ou tamén a partir das 8 h

      Témo-la posibilidade de entrar ás 10 h

PRAZO DE INSCRICIÓN: ata 20 de febreiro de 2020, na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal

Organizan a Concellaría dos Deportes e maila Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal.