Últimas Novas

28 DE XUÑO, DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL: “LIBERDADE DE SER E DE SENTIR!”

28 DE XUÑO, DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL: “LIBERDADE DE SER E DE SENTIR!”

  DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL

Con motivo do 28 de xuño, Día da Diversidade Sexual, o Concello da Pobra do Caramiñal forma parte da campaña da Deputación da Coruña “Liberdade de ser e sentir!”, co obxectivo de sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e a igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
O mércores día 26 de xuño, na Pobra do Caramiñal tivemos un toldo informativo na praza do Emigrante para informar e xerar na sociedade, especialmente na mocidade, valores como a tolerancia e a igualdade das persoas gais, lesbianas, bisexuais, transexuais, queer e intersexuais, co fin de naturalizar e sensibiliza-la sociedade sobre as diversidades sexuais e visibiliza-la comunidade LGTBQI+. #DíaDaDiversidadeSexual #liberdadedeseresentir

Para máis información: www.seresentir.gal

https://es-es.facebook.com/pg/igualdadeapobra/posts/

      

 

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.