Últimas Novas

Domingo 17 marzo: “O escaparate”, teatro pola igualdade, de Salidas de Emergencia

Domingo 17 marzo: “O escaparate”, teatro pola igualdade, de Salidas de Emergencia

0 comments

OBRA DE TEATRO “O ESCAPARATE”, a cargo de Salidas de Emergencia

DOMINGO 17 DE MARZO  ÁS 20.00 h  NO TEATRO ELMA

“O escaparate” é unha peza que aborda o tema da busca da persoa e a súa posición na sociedade, e fai fincapé no concepto dos estereotipos físicos e de conduta creados pola sociedade, ós cales se lles deron unha función sexista.

A ruptura de estereotipos sociais convértese na idea central á cal se teñen que enfronta-las dúas protagonistas.

Nun mundo inanimado desenvólvese a historia das protagonistas, dúas manequíns, que viven limitadas ós desexos das persoas que as crearon. Non teñen nome nin identidade; simplemente foron creadas para seren expostas, vestindo as súas mellores galas, ante os ollos dos/as viandantes. Un día, unha das manequíns estoupa e deixa fluí-la súa inquedanza, que a tiña martirizada: Quero ser unha muller de verdade”. Con esta confesión, ábrese a brecha que cambiará o destino de ámbalas dúas, temerosas de transgredi-las normas e de saíren da súa zona de confort, para poderen alcanzar esa liberdade de que foron privadas soamente por existiren.

Organiza a Concellaría de Igualdade.

Apta a partir dos 12 anos

Entrada de balde

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.