Últimas Novas

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente: campaña de boas prácticas na reciclaxe

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente: campaña de boas prácticas na reciclaxe

0 comments

Hoxe, 5 de xuño, para celebra-lo Día Mundial do Medio Ambiente, a Sociedade Galega do Medio Ambiente lanza unha campaña en liña dirixida ós concellos adscritos ó seu modelo a fin de axudalos a levar a cabo unha xestión máis sustentábel do lixo.

Baixo o título “#RRR. O MEDIO AMBIENTE NECESITA A TÚA AXUDA”, a campaña toma a forma dun microsite onde o/a internauta atopará un manual de boas prácticas, sinxelos consellos para diminuí-la produción de residuos urbanos e para alonga-la vida útil dos produtos, así como catro interesantes microvídeos a través dos cales se explica a importancia de separa-los refugallos na orixe e depositalos no contedor axeitado, concretando o que debe e non debe ser depositado nos principais contedores que a cidadanía ten ó seu dispor nas vías públicas.

Pódese atopar máis información na páxina web da Sociedade Galega do Medio Ambiente:

www.sogama.gal

 

 

 

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.