Últimas Novas

8 de decembro ás 19 h no Elma, Sergio Pazos tráenos “Afiando con humor”

8 de decembro ás 19 h no Elma, Sergio Pazos tráenos “Afiando con humor”

Neste 8 de decembro de 2019, ás 19 h do serán, Sergio Pazos presenta Afiando con humor.

Estrea unha nova proposta en que afía o humor do país partindo dunha das nosas principais iconas: o afiador. Quen sabe máis do mundo que aqueles que viaxan por el? O actor aproveita que vén de Ourense, coñecida como a “terra da chispa” por ser terra de afiadores, e métese na pel dun deles para contarlle á xente quen son, de onde veñen e onde van estas persoas que sempre percorreron o mundo contando historias do que vían, do que vivían e do que escoitaban.

Entrada de balde ata se completa-la capacidade

Afiando con humor é un espectáculo de narración oral baseado nos afiadores, onde se pretende dignificar, recuperar, e falar da súa vida. Unha vida dura, solitaria ás veces, pero unha vida chea de orgullo. E iso si, unha vida chea de historias, algunhas afastadas, outras moi próximas. Ás veces tensas, ás veces tenras, ás veces tristes, ás veces cómicas, pero todas moi humanas e con moito sentimento galego. Non hai que esquecer que o afiador é o primeiro emprendedor, o primeiro autónomo, o primeiro emigrante, ou como dirían naquel anuncio da televisión: “tres nun”. Sergio Pazos tentará sacar “chispas” de humor falando dos afiadores, de personaxes populares e tamén, por que non, da actualidade máis divertida. Iso si, con humor galego, retranca e relatos moi nosos. É ou non é?

Esta actividade está organizada pola Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.