Últimas Novas

A CULTURA SEGUE NA CASA! Tódolos sábados pola tarde coa biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal

A CULTURA SEGUE NA CASA! Tódolos sábados pola tarde coa biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal

            A pesar de que ó longo da semana estamos a publicar sempre “A HORA DO CONTO” dedicada ós máis pequenos e pequenas, xa sabedes que na nosa biblioteca municipal Victoriano García Martí non nos esquecemos das persoas máis adultas. Para todas elas, dende a biblioteca tódolos sábados ás 17.00 h recomendarémosvos algún tipo de lectura, película ou vídeo.

Xa comezamos no sábado 18 de abril e na tarde de hoxe, sábado 2 de maio de 2020, teremos máis sorpresas literarias. Non as perdades!

Esteamos ben atentas/os tódolos sábados a partir das 17 h á
Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal