Últimas Novas

A CULTURA SEGUE NA CASA! Tódolos sábados pola tarde coa biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal

A CULTURA SEGUE NA CASA! Tódolos sábados pola tarde coa biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal

                A pesar de que nos últimos días unicamente estivemos publicando “A HORA DO CONTO” dedicada ós máis pequenos e pequenas, non pensedes que na nosa biblioteca municipal Victoriano García Martí nos esquecemos das persoas máis adultas. Para todas elas durante as próximas semanas tódolos sábados ás 17.00 h recomendarémosvos algún tipo de lectura, película ou vídeo.

E imos comezar hoxe, sábado 18 de abril, con esta fermosa curta de David Kadoche, un cineasta francés que fai unhas curtametraxes que moven á reflexión. Pero non imos falar del; mellor deixemos que sexa el quen nos fale:

Detrás dunha pintura, unha foto, unha escultura ou unha película, sempre hai unha historia escondida. Algunhas historias pódennos fascinar e outras déixannos indiferentes, pero todas teñen en común o poder de nos inspiraren de moitas maneiras, de axitaren as nosas emocións e memorias, así como de tocaren os nosos sentimentos máis profundos. Sempre fun un amante das palabras, especialmente do seu poderío e forza. O destino e a vida de moitas persoas cambiaron por mor dunhas palabras faladas. Millóns de persoas foron á revolución tras escoitaren un discurso. A nobre causa de transmitir unha mensaxe evoca unha emoción que pode cambiar un destino, un individuo ou unha nación! Sempre sentín dentro de min un desexo ardente de facer deste mundo un mellor. Como artista, hoxe sinto que este desexo é agora o meu deber e ambición. Escribir historias e transmiti-las miñas ideas continúa fascinándome cada día máis e guíame pola vida cunha sensación de realización.

Nós engadiriamos aquí aquelas palabras de Saramago do Ensaio sobre a cegueira:

Penso que não cegamos, penso que estamos cegos. Cegos que veem. Cegos que, vendo, não veem.

 

Esteamos ben atentas/os tódolos sábados a partir das 17 h á
Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal