Últimas Novas

A Eiradela tráenos a Victoriano García Martí ó Elma, domingo 20 de outubro ás 20 h

A Eiradela tráenos a Victoriano García Martí ó Elma, domingo 20 de outubro ás 20 h

   Neste domingo, 20 de outubro de 2019, finalizarémo-lo I Ciclo Victoriano García Martí cunha representación no Elma do espectáculo  “Don Severo Carballo. Del alma gallega“, baseado na novela de 1917 do dito escritor pobrense.

Gozaremos do teatro, da música, do canto e mais dos nosos bailes tradicionais grazas á asociación cultural Eiradela, acompañada tamén das pandeireteiras da escola Caramiñas, da banda musical de Caamaño, o grupo teatral Bradomín e mailos colectivos Caraveiros, Lumieira e Tanxedoira, xunto con artistas como Natalia Otero e Carlos da Silva.

     Féchase así este ciclo de xornadas dedicadas a homenaxea-lo dito intelectual pobrense, organizadas dende o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, en colaboración con tódalas asociacións culturais citadas.

Será ás 20 h

Entrada libre ata se completa-la cabida do local