Últimas Novas

A función teatral <i>Un morto moi vivo</i> representarase no Elma no 29 de xaneiro

A función teatral Un morto moi vivo representarase no Elma no 29 de xaneiro

24 Xaneiro, 2023

A Pobra do Caramiñal continúa inmersa na programación cultural co ciclo de teatro afeccionado que se desenvolve no Elma. O Club de Maiores de Boqueixón representará no día 29, ás 19.00 horas, a función Un morto moi vivo.

Ramón Molina dirixe esta comedia de enredo na cal unha vintena de intérpretes amateurs sobe ás táboas coa trama dun home avaricioso que simula a súa morte e organiza un velorio ao grande.

Do mesmo xeito ca no resto de sesións, a entrada é libre ata completa-la cabida. A dita mostra está organizada pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña.