Últimas Novas

“A GRAN VIAXE” con Inventi Teatro e o seu vehículo espacial: xoves 30 de xullo na praza do Cantón da Leña ás 20.30 h

“A GRAN VIAXE” con Inventi Teatro e o seu vehículo espacial: xoves 30 de xullo na praza do Cantón da Leña ás 20.30 h

Xoves 30 de xullo, na praza do Cantón da Leña ás 20.30 h

Con INVENTI TEATRO!

Non a perdades!

       A capitá Centella e o doutor Potasio chegan coa súa nave á Terra en busca do Ziscornio, o elemento necesario para salva-lo seu planeta, que está sendo atacado por bichos malignos. Co elemento secreto no seu poder, Centella e Potasio soben á súa nave espacial e despídense das boas xentes……pero comezan os problemas!!! Rompe o vehículo, perden o mapa, chegan os maos e a cousa complícase… Poderán Centella e Potasio regresar ó seu planeta?? Conseguirán que as boas xentes da Terra os axuden?

“A gran viaxe” é un espectáculo de rúa divertido e visual que conta cun fantástico vehículo espacial composto por un antigo 600 e un propulsor remolcado.