Últimas Novas

A Pobra, de loito oficial por Sara e Abraham e a súa morte en accidente de tráfico

A Pobra, de loito oficial por Sara e Abraham e a súa morte en accidente de tráfico

0 comments

O Concello da Pobra do Caramiñal permanece de loito oficial durante os días 6 e 7 de maio.

A tráxica morte  de Sara e Abraham en accidente de tráfico nesta fin de semana á tarde conmocionou todo o noso municipio, que se suma á gran dor das súas familias e amizades.

Na mañá deste luns, 6 de maio de 2019, realizouse un pleno urxente e extraordinario para mostrarmos publicamente a nosa solidariedade coas persoas máis achegadas a Sara Lampón Sampedro e a Abraham Muñiz Santos, dúas persoas mozas cuxo falecemento nos enche de gran tristeza.

Toda a corporación desexa enviarlles  ás súas familias a súa sincera solidariedade nestes duros momentos.

Enviámoslle tamén a Pilar Fernández Patiño, ferida no accidente, o noso desexo dunha pronta recuperación.

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.