Últimas Novas

A Pobra pasa ao nivel medio de restricións

A Pobra pasa ao nivel medio de restricións

16 Xullo, 2021

Ás 00.00 horas deste 17 de xullo de 2021 entrou en vigor a aplicación dun novo Diario Oficial de Galicia (DOG) con relación á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.

A Pobra do Caramiñal pasa ao nivel de restrición media.

Os establecementos de hostalaría e restauración poderán prestar servizos de recollida no local e de consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 50% da capacidade máxima permitida, e tamén de servizo no interior cunha ocupación do 30%. Non se poderá prestar servizo na barra. A ocupación máxima será de 6 persoas no interior e 10 persoas na terraza, por mesa ou agrupación de mesas.

Páxina web sobre datos do coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia

Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) correspondente: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210716/2701/AnuncioC3K1-150721-5_gl.html