Últimas Novas

A Pobra pasa nesta medianoite ao nivel máximo de restricións

A Pobra pasa nesta medianoite ao nivel máximo de restricións

O conselleiro da Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou hoxe que finalmente será ás 00.00 horas deste 8 de abril de 2021 cando A Pobra do Caramiñal pase ao nivel máximo de restricións cunha incidencia acumulada que supera os 250 casos por cada 100 000 habitantes.

Peche perimetral individual do municipio.

Hostalaría e restauración pechados ao público. Permítese a entrega no domicilio ata as 24.00 horas e a recollida no local para o consumo no domicilio ata as 21.30 horas.

Límite nos establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais ao 50% da súa capacidade.

Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, só a persoas conviventes. Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 22.00 e as 06.00 horas.

Máis información sobre as medidas que comprende este nivel de restrición na seguinte ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Maxima.

Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG): https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210407/2608/Secciones1_gl.html